Escoitar

O Concello instala un semáforo e beirarrúas para mellorar a seguridade dos accesos ao Carlos Casares

Abel Caballero visitou este martes o instituto, tras as medidas de seguridade adoptadas polo Concello. Despois de dirimir a titularidade do vial, o goberno vigués decidiu habilitar un semáforo e beirarrúas ata a entrada ao centro. "Estamos dispostos a adicar diñeiro para garantir a seguridade dos chicos nos colexios", apuntou. <br />

martes, 5 xuñ 2018
1528200856CarlosCasares.JPG
Caballero recordou que hai un ano estivo no centro, unha vez o Concello tivo coñecemento dos problemas de acceso existentes e da demanda da comunidade educativa de instalación dun semáforo e de beirarrúas para a seguridade dos estudantes.

O goberno de Vigo acometeu esta mellora pero "foi complicado", explicou o alcalde, pois ningunha administración pública recoñeceu a titularidade da estrada. Así, o Concello decidiu asumir a obra e instalar o semáforo e as beirarrúas, porque "estamos dispostos a adicar diñeiro para garantir a seguridade dos chicos nos colexios", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes