Escoitar

O escritor Antonio García Teijeiro, encargado de ler este xoves en Bouzas o bando das Letras Galegas

A Alameda de Bouzas será unha vez máis o lugar onde Vigo renderá homenaxe ás Letras Galegas, este xoves 17 de maio. Nesta ocasión será o escritor Antonio García Teijeiro o encargado de ler o pregón.

mércores, 16 mai 2018
O escritor Antonio García Teijeiro será o encargado de ler este xoves, 17 de maio, o bando das Letras Galegas. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017, "galaradón literario da máxima importancia en España", destacou o rexedor. O acto será ás 12,00 na Alameda de Bouzas dentro dunha iniciativa organizada pola Asociación Cultural da Vila de Bouzas coa que colabora o Concello.