Escoitar

O Concello organiza no mes de maio cursos de alfabetización dixital

O Concello de Vigo organizará, unha vez máis, cursos de alfabetización dixital na aula de formación TIC (CeMIT) do edificio municipal do Areal. A sesións formativas serán durante o mes de maio e non é preciso contar con coñecementos previos

xoves, 19 abr 2018
Informática e internet básico, correo electrónico ou videoconferencias por skype son algúns dos contidos dos cursos de alfabetización dixital que o Concello volverá a poñer en marcha no mes de maio. Son sesións formativas de 20 horas en horario de mañá (entre ás 10,00 e ás 12,00 h) que se desenvolverán na aula de formación TIC (CeMIT) do edificio municipal do Areal. Para participar hai que estar empadroado no termo municipal de Vigo e terán preferencia aquelas persoas que non tiveran realizado o mesmo curso con anterioridade. As inscricións se realizarán no teléfono 010 ou no 986810260.