Escoitar

O Concello patrocina unha homenaxe a Pepe Longueira mañá sábado no Auditorio Municipal <br />

O alcalde animou á cidade a acudir á homenaxe a Pepe Longueira organizada mañá sábado no Auditorio Municipal, ás 19,00 h, con entrada libre ata completar aforo. En rolda de prensa o alcalde eloxiou a capacidade creativa un compositor de música popular "excepcional". <br />

venres, 13 abr 2018
O alcalde animou a toda a cidade a achegarse á homenaxe ao músico Pepe Longueira que se organizará mañá sábado 14 de abril, ás 19,00 h, no Auditorio Municipal, baixo patrocinio municipal. O rexedor quixo amosar a súa "cercanía" a un compositor e intérprete de música popular "excepcional", con gran capacidade de creación, que formou parte do Festival cancións dos nosos barrios durante a última década. O público poderá gozar mañá das actuacións de Música de fondo do trío, Arpegios, Alberto Cunha, Nataly Feel, Trío Ruada e Ronsel Sondaki, grupos de música popular "de gran pegada".