Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 03 de abril de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello estrea una nova liña nocturna de autobús urbano para dar servizo ao aeroporto

O alcalde anunciou este martes que desde esta semana está en funcionamento unha nova liña nocturna de autobús para os pasaxeiros do aeroporto de Vigo. O servizo, financiado desde o Concello, ten como obxectivo atender aos viaxeiros do último enlace aéreo con Madrid e estará a proba todo o mes de abril.

O aeroporto de Vigo conta desde este luns, 2 de abril, cunha nova liña de autobús nocturna que presta servizo aos pasaxeiros que chegan cada día á cidade no último voo procedente de Madrid. Segundo avanzou o alcalde, este bus urbano estará a proba durante todo o mes de abril.

"É unha nova liña nocturna de Vigo ao aeroporto en transporte urbano, feito e financiado desde o Concello", destacou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. O rexedor indicou que este servizo foi estreado este luns para recoller aos viaxeiros do último voo de Madrid que chega ás 23:20 horas.

O autobús foi utilizado por oito persoas na súa primeira viaxe e o servizo esperou á chegada do avión, que aterrou en Vigo con atraso. "A esa hora xa non hai autobuses, polo que decidimos poñer unha liña que cubrise o voo", indicou o alcalde.

Caballero tamén lembrou que a Xunta ten un transporte similar para o aeroporto de Santiago ao que lle adica 340.000 euros e lamentou que a administración autonómica rexeitase o convenio para poñer en marcha un transporte similar en Vigo. "Seguiremos a potenciar o transporte urbano ao aeroporto e o seguiremos a financiar desde o Concello", aseverou.
Mais noticias
Caballero: "A depuradora é unha obra excepcional coa mellor tecnoloxía no mellor lugar do mundo"
O alcalde pide "feitos" que acompañen o anuncio de Rajoy de prolongar a A-52 ata Vigo
"Hoxe é o día de dicirnos que estamos a desenvolver un proxecto único, excepcional, recoñecido en toda España"
O alcalde eloxia a "gran" organización da Vig Bay na XIX edición desta proba atlética


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003