Escoitar

Caballero subliña o "comportamento magnífico" do aeroporto, cun crecemento do 13,9% en febreiro

O alcalde valorou este luns os datos colleitados polo aeroporto de Vigo no mes de febreiro, liderando o crecemento das terminais galegas cun 13,9% máis de viaxeiros con respecto ao mesmo mes do 2017.

luns, 12 mar 2018
Abel Caballero subliñou que o 13,9% de crecemento en pasaxeiros do aeroporto de Vigo é o maior das tres terminais galegas en febreiro, polo 12,4% de Santiago e o 9,3% da Coruña. Engadiu o rexedor que Vigo, que está a ter un "comportamento magnífico", tamén supera con folgura o incremento medio nos aeródromos españois, dun 9,2%.

No acumulado do presente ano, o aeroporto de Vigo crece un 12,5%, un dato que tamén sobrepasa o 11,9% de Santiago de Compostela e o 9,4% da Coruña, segundo a información trasladada este luns polo alcalde, quen explicou que, "calquera que sexa o índice que se utilice, o aeroporto de Vigo segue a crecer de forma fenomenal e magnífica".

"Levamos xa años consecutivos con estas taxas de crecemento no aeroporto", puxo en valor Abel Caballero, "superando amplamente o millón de viaxeiros" anuais na terminal de Peinador.