Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 22 de febreiro de 2018

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local adica máis de medio millón de euros a obras nos comedores de dezasete colexios

O Concello investiu máis de medio millón de euros na construción, ampliación ou mellora dos comedores de dezasete centros educativos da cidade, avanzou esta mañá o rexedor. Unha vez máis, o goberno local suple unha competencia desatendida pola Xunta de Galicia en materia educativa.




O alcalde avanzou esta mañá que o Concello de Vigo investiu máis de 500.000 euros na construción, ampliación ou mellora de comedores de centros escolares da cidade. Así o dixo na rolda de prensa previa á inauguración das instalacións do Ceip O Sello (Cabral) na que esta mañá participou o alcalde, acompañado da concelleira de Educación, Olga Alonso. Os case 22.000 euros investidos neste centro súmanse ás obras realizadas noutros dezaseis colexios: Escultor Acuña, Frián-Teis, Coutada-Beade, Javier Sensat, A Doblada, Santa Mariña Becerreira, Paraixal, Pondal, Valle Inclán, Mestres Goldar, Igrexa Candeán, Canicouva, Sárdoma Moledo e San Salvador. Tal e como explicou o rexedor, a administración competente nesta materia é a Xunta de Galicia pero, unha vez máis, o Concello asume estas obrigas porque senón os alumnos non poderían comer no seus respectivos colexios.

Unha situación similar se repite coa cubrición dos patios, tamén responsabilidade autonómica pero, segundo indicou Caballero "desde que eu son alcalde, a Xunta non cubriu ningún", aclarou. Mentres, o goberno local xa está a traballar nos proxectos dos patios dos centros Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva, unha vez que xa realizou o do Rodríguez Castelao. O Concello adica medio millón de euros anuais á mellora das zonas recreativas dos colexios.
Mais noticias
O goberno de Vigo retoma os proxectos de Gol, Marcador e do parking e encargará un novo estudo económico para Balaídos
O Concello aproba as normas de adxudicación das 620 prazas nas oito escolas infantís municipais
O goberno local programa nove rutas de educación ambiental entre abril e xuño
O Concello presenta a nova imaxe dos taxis coa bandeira de Vigo no capó
A cidade recibiu en xaneiro 24.000 visitantes, un 10% máis que o ano 2017
O alcalde eloxia a elección do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín como Premio Laxeiro 2018
Caballero destaca a creatividade dos participantes no certame infantil de pintura de Vigolandia


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003