Escoitar

Concello e editoriais viguesas promoven lecturas de Verne os días 16 e 18 de febreiro na estatua do autor

"Vigo lee Verne" é a iniciativa na que colaboran Concello e diferentes editoriais da cidade para poñer en valor a obra do autor francés que fala de Vigo. Os próximos 16 e 18 de febreiro organizaranse lecturas dun capítulo de "Vinte mil leguas de viaxe submarina" na zona do Porto onde está colocada a estatua do escritor.

martes, 6 feb 2018
1517926157Editoriales.jpg
O goberno local cooperará con empresas editoriais viguesas na divulgación da obra de Julio Verne con actividades de lectura os próximos 16 e 18 de febreiro, na zona portuaria das Avenidas, á altura da escultura conmemorativa do autor. Logo dun encontro con representantes de Xerais, Galaxia, Irindo e Lobito Bueno, o rexedor explicou que o venres 16, un grupo de estudantes de diferentes colexios de Vigo lerán partes do capítulo que trata de Vigo dentro da novela "20.000 leguas de viaxe submarina". O día 18 será a quenda de 40 persoas vencelladas ao mundo da cultura as que darán voz a eses textos do autor francés. Esta iniciativa virá sumarse á gran mobilización "verniana" que arrancará este mes en Vigo co obxectivo de enfatizar o contido máis cultural e a parte da obra de Verne relacionada con Vigo.
Descargar todas as imaxes