Escoitar

O Concello da o visto bo á modificación urbanística para ampliar o PAU de Navia

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación do Plan Parcial de Navia e sométea a período de alegacións. O alcalde destacou as dotacións municipais que xa existen no novo barrio e a posibilidade de que aumente a poboación ata 15.000 veciños.

xoves, 25 xan 2018
O Concello de Vigo deu o visto bo en Xunta de Goberno Local á modificación do Plan Parcial de Navia para a ampliación do barrio e sométea a información pública, polo que se abre un período de alegacións de dous meses. O alcalde explicou que poderá edificarse 1.600 novas vivendas e a poboación do barrio aumentaría ata os 15.000 veciños.

A ampliación do ámbito de Navia inclúe un total de 118.000 metros cadrados para vivenda protexida, outros 24.000 para uso dotacional e 23.000 para uso comercial. "É un dos últimos pasos para a ampliación de Navia, significa que toda aquela zona con silvas vai estar ocupada por vivendas, o desenvolmento ven a completar Navia, quedou a medio facer e agora é toda a parte interior", engadiu Abel Caballero.

O barrio de Navia poderá ganar 5.000 veciños para chegar a entre 13.000 y 15.000 veciños. "Isto chega acompañado por todas as infraestruturas deportivas e lúdicas que xa estamos facendo, parques infantís, pistas deportivas e dotacións singularmente importantes", sinalou o rexedor.