Escoitar

Abel Caballero cita o Lope de Vega como exemplo da "calidade educativa" dos colexios públicos

O alcalde visitou este venres un centro "cunha calidade asistencial e educativa extraordinaria", co que o Concello de Vigo coopera, por exemplo, coa cubrición da pasarela e melloras en caldeiras e baños. Tras felicitar ao profesorado, Caballero valorou unha educación pública "coa mesma ou máis calidade" que a concertada.

venres, 19 xan 2018
1516369795cole.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o colexio Lope de Vega, eloxiou a súa "calidade asistencia e educativa extraordinaria" e a súa "organización", polo que felicitou ao profesorado.

O Concello, engadiu, coopera co centro con melloras en caldeiras e baños e a cubrición da pasarela. Abel Caballero asegurou que no goberno de Vigo "somos defensores e potenciadores do ensino público" e expuxo que os pais e nais poden elexir colexio "sabendo que na pública hai a mesma ou máis calidade que en calquera concertado".
Descargar todas as imaxes