Escoitar

Caballero eloxia as novas instalacións de Cruz Vermella, "o mellor lugar para a solidariedade"

O alcalde felicitou esta mañá aos responsables de Cruz Vermella na inauguración das novas instalacións da ONG en Vigo. Durante a súa intervención, eloxiou, entre outros aspectos, a labor que realiza a entidade cos refuxiados.

xoves, 11 xan 2018
1515679942cruzroja.JPG
Abel Caballero percorreu esta mañá as novas instalacións de Cruz Vermella nunha visita na que tivo oportunidade de coñecer de cerca a importante labor que realiza esta ONG na cidade. Durante a súa intervención, o rexedor destacou a labor que realiza Cruz Vermella cos refuxiados para os que hai habilitadas vinte prazas no novo edificio. Lembrou o acordo asinado entre a FEMP e a ONG para acoller persoas que escapan das súas casas escapando das guerras e aos que temos a obriga de acoller como corresponde a unha sociedade "decente".

Referiuse á remodelación do edificio como un gran éxito e felicitou aos promotores por ser capaces de sacar adiante este proxecto nunha época de fonda crise económica. Está situado nunha das mellores zonas da cidade, dixo, "o mellor sitio para acoller a solidariedade". No seu discurso avanzou o apoio do Concello á entidade na defensa dos máis desfavorecidos.

No acto de inauguración tamén estiveron os responsables de Cruz Vermella de Pontevedra, Galicia e España, Teresa Álvarez, Carmen Colmeiro e Javier Senent, respectivamente, así como os concelleiros de Presidencia, Alfonso Rueda e o de Política Social, José Manuel Rey Varela.
Descargar todas as imaxes