Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O rexedor reafirma a "absoluta potabilidade" da auga de Vigo

Abel Caballero achegou os datos das analíticas realizadas na rede nos últimos tres días que rexistran niveis de ferro por debaixo do máximo permitido e demandou a rectificación da Xunta de Galicia.

O alcalde informou hoxe dos parámetros de ferro detectados nas analíticas realizadas por Aqualia os días 26, 27 e 28 de decembro en diferentes puntos da cidade que sinalan a "absoluta potabilidade da auga, con niveis por debaixo dos 200 ppb" e explicou que as mostras se recollen no mesmo punto e de forma simultánea tanto pola Xunta como polo Concello.

Así, o pasado martes 26 de decembro, os niveis de ferro detectados foron os seguintes: Casal, saída: 162, Canido: 239, Teis: 168, Valladares: 193, rede de Valladares: 186, todos por debaixo do máximo. Nesta xornada detectáronse dentro do CEIP San Salvador Teis: 645, cando a Xunta, dixo, informou ese día que se rexistraran parámetros diferentes: na rúa entre 1100-1500 e dentro 430, o que o rexedor cualifica como "milagre que a auga cando entra teña máis ferro ca dentro. Algo que non se sostén". Así, censurou que o goberno autonómico achegara este dato cando o real era 219 "a décima parte case", algo que considera "intolerable, é a quinta vez que teñen que rectificar, gravísimo".

Os niveis de ferro detectados o mércores día 27 de decembro na rede de abastecemento da cidade son os seguintes: Casal, saída: 150, Canido: 254, Teis: 151, Valladares: 179, rede Valladares: 179 e nos CEIP San Salvador Teis e no CEIP Ría de Vigo, competencia da Xunta de Galicia, os resultados foron 528 e 534 respectivamente.

No tocante ao xoves 28 de decembro, o ferro detectado na auga foi en Casal, saída: 146, en Canido: 231, Teis: 165, Valladares: 170 e de 172 na rede de Valladares.

Así, o alcalde sostén que a auga é potable e que o goberno autonómico trata de ocultar información coñecendo estes resultados co fin de "danar a imaxe da cidade" polo que pide que "rectifiquen e asuman responsabilidades políticas". Tamén se referiu á reunión mantida onte xoves en Santiago, entre Augas de Galicia e os concellos que se abastecen da presa de Eiras onde, sinalou, quedou manifesto o aval da maioría de representantes municipais á realización do transvase desde o río Verdugo ao embalse de Eiras.
Mais noticias
O Concello oferta 212 novas prazas de emprego público
O Concello propón unha sanción de 276.500 euros a Valoriza polo deficiente servizo prestado en parques e xardíns
Vigo, unha das 10 cidades recoñecidas polas boas prácticas en servizos públicos
BANDO PIROTECNIA FESTAS DO NADAL


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003