Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 07 de decembro de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello aproba o proxecto do "macroparque" infantil de Barreiro por 200.000 euros

Segundo Caballero supoñerá a "reforma global da zona". Na Xunta de Goberno Local quedou adxudicada tamén a contratación do deseño das carrozas da Cabalgata de Reis 2016 por un importe de 65.000 euros.

O alcalde deu conta este xoves de varios acordos da Xunta de Goberno Local, entre eles, a aprobación do proxecto do novo "macroparque" infantil de Barreiro, que ten un importe base de licitación de 200.000 euros e un prazo de execución de 2 meses. Apuntou que se trata dunha "reforma global para esta zona tan significativa da cidade".

A Xunta de Goberno Local deu luz verde á proposta de adxudicación a Totality Group da contratación dos servizos de deseño e produción de cinco carrozas para a Cabalgata de Reis 2018 por un importe de 65.000 euros cunha temática centrada nos contos infantís. Caballero augurou que "será a mellor de Europa".

Quedou aprobada tamén a subvención nominativa a Asociación de Comerciantes PAU de Navia para o desenvolvemento da Vicus Spacorum deste 2017 por un importe de 10.000 euros e a subvención a Uvigo Motorsport, equipo da Universidade de Vigo para o desenvolvemento dun prototipo de Fórmula 1, dentro da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego. Son 15.000 euros que supoñen a ampliación das axudas concedidas a este "gran proxecto", sinalou o rexedor.

Por último, acordouse o desenvolvemento do proxecto "Vigo polo emprego da mocidade" cofinanciado polo Concello e o Fondo Social Europeo e o Concello con 1.048.000 euros que programa catro itinerarios de formación e inserción laboral: creación e xestión de microempresas, elaboración de páxinas web, operacións de cociña e operacións de restaurante e bar co que os participantes obterán acreditación coa expedición dos correspondentes certificados de profesionalidade.
Mais noticias
O goberno de Vigo adxudica a "rehumanización" de García Olloqui e Praza de Compostela
O alcalde recibiu á organización da Vig-Bay pola edición de 2018 da media maratón


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003