Escoitar

Caballero eloxia a traxectoria cinematográfica de Juan Pinzás na presentación de "O ventre de Europa"

Caballero deulle a benvida a ao cineasta vigués Juan Pinzás, quen elixiu Vigo para a presentación da súa nova película, "O ventre de Europa". Durante a rolda de prensa, o rexedor destacou a traxectoria do director e transmitiu o "privilexio" que vive a cidade coa súa presenza de cara o estreo do filme, que será mañá venres nos Multicines Norte.

xoves, 16 nov 2017
1510840636pinzaspeli.JPG
O cineasta vigués Juan Pinzás elixiu a súa cidade natal para a presentación da súa nova película, "O ventre de Europa", que se estrea mañá en vinte e catro salas de toda España. En Vigo, poderá verse nos Cines Norte e o director participará nun coloquio tras a sesión das 20.00 horas.

"En Vigo soñei e aprendín a facer cinema cando me saltaba as clases para acudir al Tamberlick e ás sesións do cineclube Cíes, onde descubrín esas outras formas de facer películas", lembrou o cineasta, que rodou na cidade unha vintena de curtos e varios das súas longametraxes.
Madrid e Berlín son os escenarios de "O ventre de Europa", unha película de cinema europeo de autor rodada cun decálogo ideado polo propio Pinzás que, advertiu, "non ten nada que ver co Dogma 95", movemento de vangarda de Lars von Trier co que o vigués rodou a triloxía formada por "Érase otra vez", "Días de boda" y "El desenlace".
O cineasta animou ao público para ver a cinta "cos ollos e os oídos moi abertos". "Non é unha película amable, pero si comprometida, honesta e entretida e que esixe a participación do público", describe. A cinta, na que o director se converte en protagonista a través do seu álter ego Julián Pintos, fala de "esta Europa tan complicada e do paso do tempo", mostrando o universo onírico do autor no que realidade e ficción mestúranse. "Ante todo, é unha homenaxe á muller", engadiu Pinzás.
O director anunciou, ademais, que "El vientre de Europa" será a primeira entrega dunha triloxía que manterá o cumprimento do "decálogo pinzasiano" que persegue, entre outras cousas, "escapar do cinema convencional e lograr interpretacións que saian do máis profundo dos actores".
Xunto a Pinzás, o reparto complétase coas bailarinas e actrices Elke Krüger e Katherine Sorel ademais de María Villar, que interpreta á nai de Julián. "El vientre de Europa" é unha produción de Abstracto Films coa colaboración de Atlántico Films e produción asociada por parte de Alemaña.
Descargar todas as imaxes