Escoitar

O Concello recibe un premio do Ministerio de Economía pola defensa do pequeno comercio

Os Premios Nacionais de Comercio Interior 2017 veñen de recoñecer a labor do Concello en pro do comercio como motor económico da cidade. O Ministerio de Economía, Industria concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.

martes, 7 nov 2017
O Concello de Vigo acaba de recibir un recoñecemento nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2017, pola súa labor en pro do comercio como motor económico da cidade. Tal e como detallou o alcalde, o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade concedeulle a Vigo unha mención honorífica na categoría de concellos.

O galardón recoñece o traballo municipal na renovación urbana comercial do centro da cidade e dos pequenos comercios, na súa labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial mediante a mellora da tecnoloxía e a asociación de empresas. Caballero agradeceu este premio, avanzando que se seguirá traballando a favor do pequeno comercio.


Xunta de Goberno
O alcalde deu conta da adxudicación da contratación do subministro de gasóleo para as instalacións de calefacción e produción de agua quente para as instalacións deportivas. Cun orzamento de case 215.000 atenderase aos centros de Balaídos, Complexo Travesas, Complexo Samil, Pabellón de Teis, Bouzas, Bembrive, Castrelos e Carballal.

A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á contratación do subministro de misturas bituminosas e emulsións asfálticas (pichi) para o taller de Vías e Obras, cun importe de 600.000 euros.