Escoitar

Caballero animou á organización do cross escolar Castro San Miguel a seguir traballando pola base

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe a unha representación da organización do XXII Cross Escolar Castro San Miguel, que se vai disputar este domingo (10:00 horas) no parque de Castrelos coa organización da Agrupación Deportiva Castro San Miguel e o patrocinio do Concello de Vigo, ademais de varias empresas privadas.

mércores, 18 out 2017
1508331762crossbuena.JPG
Os organizadores, liderados por David Morales, presidente da Agrupación, e Oliva Román, a directora técnica do evento, amosaron ao alcalde o cartel da proba de cross formativo máis importante de Galicia e invitárono a que vexa o desenvolvemento das probas, coma outros anos.
 
Hoxe péchase o prazo de inscrición e a organización manexa xa cifras similares a pasados anos (case 800 atletas e 110 nais e pais para as carreiras específicas destes). Destas carreiras de promoción do atletismo en Castrelos saíron nomes como Carmela Cardama ou Sandra Mosquera, por exemplo.

A carreira, tanto para escolares como para federados, recibe a nenas e nenos nados dende 2002 a 2014. A primeira carreira será a cadete masculina ás 10:00 horas (percorrerán 3.000 metros, a máxima distancia) e a xornada será un continuo devir de saídas (un total de catorce) ata as 12:50,  cando comece a olímpica feminina (200 metros).
 
A organización reservou como é tradicional un oco para carreiras de pais (11:35) e nais (11:48), tamén un espectáculo, e no parque citaranse máis de 2.000 espectadores para animar aos ao redor de 1.200 atletas de 46 centros escolares de Vigo e do resto da provincia e ata de Portugal.

O alcalde animou á AD Castro San Miguel a seguir traballando no deporte de formación e aceptou a invitación desta a seguir as carreiras. As partes tamén concordaron que vai ser un gran domingo atlético na cidade, pois á mesma hora en Coia celebrarase a Vigo contra o Cancro, que hoxe manexaba xa preto de 2.400 corredores.
Descargar todas as imaxes