Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 18 de marzo de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Principia un programa de prevención de consumo de drogas de síntese

A Concellería de Benestar Social e a asociación Alborada emprenderán accións nos centros de ensino e lugares públicos para informar sobre as consecuencias do éxtase, anfetaminas e acedos.




A concelleira Belén Sío asinou un convenio coa vicepresidenta da asociación Alborada, Sonsoles García, para desenvolver un programa de prevención de drogas de síntese, nos centros educativos e nos lugares de consumo, e de intervención directa para os consumidores. Este programa enmárcase no Plan local de drogodependencias e outras adiccións, en coordinación coas outras entidades participantes.

Cun presuposto de 18.000 euros, o programa estenderase ata final de ano e incidirá nunha poboación de 14 a 29 anos que, en Vigo, rolda os 78.000 mozos. Extrapolando datos, calcúlase que 6.300 persoas desta idade consumiron drogas de síntese algunha vez, das que o 10% padecen adicción. Arredor de 42.000 mozos participaron algunha vez en botellóns e 16.000 son asiduos destas festas cada fin de semana, segundo os datos achegados pola concelleira Belén Sío.

Alborada comprométese tamén a axudar e orientar a familias que o precisen para evitar o consumo de estupefacientes.

Trátase dun programa específico sobre un consumo concreto de drogas de deseño que incide nunha poboación que non se identifica co problema, ten unha percepción de pouco risco, non cre que sexa nocivo para a saúde e non se considera adicta aos estupefacientes.

Un equipo de mediadores xuvenís estará nos lugares de consumo e introducirá formas de axuda e alternativas para o lecer os venres e sábado á noite.
Mais noticias
O Concello organiza o primeiro seminario internacional "Relacións porto-cidade no espacio atlántico europeo"
Vigo acolle a sede da Fundación Carlos Casares
O bus promocional de Vigo comeza na Coruña unha xira por quince cidades


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003