Escoitar

A colaboración Concello-Deputación amplíase con 1,2 millóns para reformar as gradas de Marcador e Gol

A Deputación de Pontevedra achegará 1.250.000 euros máis para licitar os proxectos de reforma das gradas de Marcador e Gol, ademais dun aparcamento de 1.000 prazas en Balaídos. En próximas días, Abel Caballero e Carmela Silva asinarán unha addenda ao convenio de colaboración que tamén incluirá a renovación dos asentos de Río Baixo.

mércores, 27 set 2017
A Xunta de Goberno local deu luz verde a unha addenda ao acordo de colaboración Concello de Vigo-Deputación de Pontevedra para a reforma do estadio municipal de Balaídos. O convenio, que se asinará en próximos días, recolle unha achega do organismo provincial de 900.000 euros para acometer os proxectos de Gol e Marcador, ademais dun aparcamento de 1.000 prazas. Ademais, a administración presidida por Carmela Silva incluirá outros 350.000 euros para licitar os asentos de Río Baixo. Con este orzamento,- 1.250.000 euros- insistiu o rexedor, procederase á licitar os proxectos de remodelación total do estadio, seguindo co proceso "xa irreversible de reforma integral para converter Balaídos nun dos mellores estadios de Europa". Neste punto, avanzou o rexedor, tamén se abre o proceso da concesión que precisa dun proxecto técnico, o que xa está en marcha, e doutro económico, que se realizará a continuación.