Escoitar

O rexedor traslada a CCOO a súa "conformidade total" coa conversión do antigo Cíes en Centro de Día

Caballero reuniuse este xoves con Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO e Tito Ucha, secretario de pensionistas do sindicato, que lle presentaron a súa idea de usar o edificio como centro de día con 100 prazas para persoas dependentes. O alcalde enviará a proposta por carta á Xunta pedindo dotación orzamentaria.

xoves, 14 set 2017
1505393525ccoo.JPG
Abel Caballero amosoulles a súa "conformidade total con esta gran idea" de converter en Centro de Día con 100 prazas o antigo Hospital Cíes porque, apuntou, hai poucas prazas na cidade para persoas maiores, porque o sitio é "espléndido" ao estar no centro con facilidade de acceso, porque supón darlle utilidade social a un edificio que ten un custo para o público e non ten nestes momentos utilidade para a cidadanía e porque "salvagardamos unha das grandes pezas da arquitectura de Vigo".

Dado o acordo coa proposta de CCOO que lle trasladaron en detalle Amelia Pérez e Roberto Alonso Ucha, o alcalde anunciou que enviará unha carta á Xunta de Galicia coa iniciativa manifestándolle "o noso apoio, a visión de que se ten que asumir" e a necesidade de que nos orzamentos deste ano inclúan unha partida para este centro porque precisa certo acondicionamento.

Segundo explicou Caballero, a proposta de CCOO para o uso do antigo Cíes como Centro de día de atención especializada está dirixida a persoas con algún grao de dependencia, que teñen unha certa autonomía onde propoñen un modelo de atención no que se promove a interacción e acción dos usuarios para que poidan facer vida de forma independente. Unha idea que consultaron con entidades da zona do hospital que a ven con bos ollos.
Descargar todas as imaxes