Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de marzo de 2003

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Establecerase un sistema para regular o funcionamento dos pisos terapéuticos

O grupo de traballo de Incorporación Social do Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo realizou un seminario de carácter interno sobre Casas-Pisos de Acollida e Integración.

Vivendas terapéuticas para reinsertar drogodependentes

Ao encontro asistiron representantes das entidades do plan, integrado por Madro, Alborada, Cedro, Plan Comunitario de Teis, Proxecto Home, Érguete e Asvidal.

O obxectivo xeral do seminario foi, baseado no primeiro principio do decálogo de integración do PLDA que expresa que "toda persoa ten dereito a unha vida digna, un lugar onde descansar, alimentarse e asearse, unha atención integral da súa saúde, que facilite a recuperación da súa autonomía persoal", para facilitar as condicións de acceso a un tratamento digno, no que se teña en conta a particularidade dos usuarios e se promova a súa autonomía persoal ou no seu defecto, a mellora da súa calidade de vida.

Para chegar á consecución deste obxectivo, márcanse como específicos:

- Definir o marco de traballo de cada un dos dispositivos de apoio terapéutico residencial. Chégase a un consenso nas definicións das casas-pisos de acollida e pisos de integración, as súas diferencias, obxectivos, poboación, temporalidade, criterios de admisión, áreas de intervención, normativa básica, funcionamento, protocolos de ingreso, fin de estancia e recursos necesarios.

- Establecer un sistema que protexa e regule o funcionamento das casas de acollida e pisos de integración social, como base para un mellor funcionamento deste tipo de recursos.

Elaborarase un informe que conteña a xustificación da necesidade do recurso, os aspectos que interfiren no bo funcionamento do mesmo, as necesidades máis apremiantes e unha propuesta de accións concretas para mellorar.

Como sistema de regulación do funcionamento levarase un rexistro destes recursos dende o PLDA, co obxecto de organizar e regula-lo funcionamento deste tipo de servicios de apoio residencial.

- Crear un sistema de seguimento e avaliación dende o PLDA, para coñecer o desenvolvemento de cada un dos recursos existentes.

Será a Comisión de Integración do PLDA a que se encargará do seguimento e avaliación, con carácter semestral, realizando xuntanzas que permitan a posta en común do estado dos servicios e facilite unha mellor coordinación dos mesmos.
Mais noticias
O Concello pecha con Caixa Galicia unha operación de crédito para financiar os investimentos municipais
Parques e Xardíns plantou case 600 árbores en 75 rúas da cidade
Artello actuará esta fin de semana no Val do Fragoso e Matamá
Estase a celebrar o VII Seminario de Arte Románica


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003