Escoitar

Caballero eloxia "Vigo Hípico. A Paixón dunha Cidade" por transmitir a "nobreza" da hípica

O alcalde de Vigo participou este luns na presentación deste libro, iniciativa da Federación Galega de Hípica e escrito polo xornalista Eduardo Rolland, quen "adentra a súa capacidade investigadora e escritora na hípica", en verbas de Caballero. A publicación recolle un século de historia do Concurso Hípico de Vigo.

luns, 24 xul 2017
1500913586hipica.JPG
O alcalde participou este luns na presentación do libro xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, o presidente da Federación, Carlos Domínguez, e o autor, Eduardo Rolland. Caballero puxo en valor unha publicación que "transmite a nobreza da hípica" e eloxiou ao escritor, que aquí "adentra a súa capacidade investigadora e escritora" neste ámbito.

"Vigo Hípico. A Paixón dunha Cidade" é unha iniciativa da Federación Galega de Hípica que conta coa colaboración do Concello de Vigo. O texto repasa un século de historia do Concurso Hípico de Vigo, que comezou a celebrarse no ano 1910.
Descargar todas as imaxes