Escoitar

O goberno local achega 114.000 euros ao programa social dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres

A Xunta de Goberno Local, segundo informou Caballero este xoves, aprobou o convenio cos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, destinando 114.000 euros ao funcionamento do seu albergue e ao reparto de alimentos a familias que o precisan.

xoves, 6 xul 2017
O alcalde vigués indicou que o albergue dos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres acolle a persoas que o precisan cando concluíu o seu tempo de estancia no Centro de Inclusión e Emerxencia Social do Concello. Os albergues contan cun prazo máximo para os usuarios, indicou Caballero, polo que cando remata dito prazo no dos Hermanos Misioneiros, os usuarios poden volver ao municipal.

Ademais, o goberno vigués aprobou o expediente de contratación de suministro para instalacións de calefacción e auga quente en recintos deportivos, un contrato que ascende a 250.000 euros.