Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 16 de xuño de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


XERENCIA DE URBANISMO




DECLARAR EXTINGUIDA A SUSPENSIÓN DE LICENZAS ACORDADA NAQUELAS PARCELAS DO NÚCLEO RURAL NO PXOM 1993 QUE NO PXOM DO 2008 XA TEÑAN RECOÑECIDAS A CONDICIÓN DE SOLO URBANO CONSOLIDADO OU SOLO DO NÚCLEO RURAL NR-1º. EXPTE. 92223/421 (REXISTRO PLENO 1555/1101).

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do día 31 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:

1.- Declarar o alzamento da suspensión de licenzas nos núcleos que a continuación se detallan:

NÚCLEO
01.02 CARREGAL C
01.04 VIÑAGRANDE.C
01.05.ARGAZADA.C
02.02.SAA.D
02.04.GANDARA.C
02.07. C BABIO.C
02.13.PENA.C.SNU
02.19 C BABIO 2.C
03.21.CHANS.C
04.29 CALVARIO-BORRALINOS.C.SNU
06.02.MONTE MACAL.C.SNU
08.02 MOLANS.C.SNU
08.05.LUZ.C.SNU
08.07.BOUZOS.C.SNU
08.11.SAN LOURENZO.C
09.10.SABAXANS.C.SNU
10.02.MOO.C.SNU
12.01.ESTOMADA.D
12.06 HERMIDA.D
18.01.SAN XOAN.C
18.06.SEIXO.C.SNU
18.12.BARROCAS.C
19.02 CIDANS C.SNU
19.06.VILAVERDE.C.SNU
2.- O levantamento da suspensión de licenzas declararase para as parcelas situadas nos núcleos indicados no punto 1 do resolvo, nas que se acredite que contan cos servizos urbanísticos requiridos en condicións suficientes e con características axeitadas para servir á edificación e nas que non sexan necesarias procesos de reforma interior, renovación urbana nin creación de dotacións urbanísticas ou equipamentos comunitarios, polo que xa tiñan recoñecida a condición de solo urbano consolidado ou solo de núcleo rural NR-1º no PXOM2008.
O devandito levantamento da suspensión non implica a conversión en solar das parcelas incluídas nos referidos núcleos, polo que deberá acreditarse tal circunstancia conforme o descrito no punto 3.
3.- A acreditación do cumprimento das condicións anteriores recoñecerase na acta de liña e rasante emitida polos servizos técnicos da oficina de Urbanización e Infraestruturas da Xerencia Municipal de Urbanismo.
O que se publica para o xeral coñecemento.
O prazo de información pública entenderase aberto dende o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos VINTE DIAS dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase a disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (Planta -1 do edificio da Xerencia sito na praza do Rei, 4, Vigo).
/RAP
Mais noticias
O bus turístico promociona as Illas Cíes na súa nova imaxe
O rexedor destaca a "grande utilidade" do programa de bono taxi, dotado con 25.000 euros
A banda colombiana Morat súmase á programación de Festas en Vigo 2017
Caballero súmase á campaña en defensa do ensino da filosofía
O Concello habilita un carril bus na Avenida de Europa para axilizar o regreso das praias
O edil Manel Fernández di que a Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, este domingo, "conecta a cidade co mar"
BANDO
TRAFICO
TRAFICO
ANUNCIOS DE TRAFICO


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003