Escoitar

Caballero visitou a mostra "Con Vigo na Maleta" do CEIP Sobreira-Valadares

O alcalde achegouse este venres ao centro educativo vigués para coñecer de primeira man este traballo de docentes e escolares, no marco da súa semana cultural. "Con Vigo na Maleta" afonda nos movementos migratorios dos galegos no século XX, centrado nos barcos que partiron de Vigo e nos indianos retornados.

venres, 9 xuñ 2017
1497012584cole.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o CEIP Sobreira-Valadares xunto á concelleira de Educación, Olga Alonso, para coñecer a exposición "Con Vigo na Maleta", da man da dirección e dos nenos e nenas do colexio.

A mostra deste ano do centro educativo vigués centrouse nos movementos migratorios dos galegos no pasado século, con especial atención nas embarcacións que partiron da cidade e nos indianos retornados. Na primeira quincena de xuño, o Sobreira-Valadares celebra a súa semana cultural e Abel Caballero foi testemuña hoxe do resultado do seu traballo, que xirou en torno a Vigo.
Descargar todas as imaxes