Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 19 de maio de 2017

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


ÁREA DE EMPREGO

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2017

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20.04.2017, a proposta da Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2017 do programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas.

Obxecto: poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2016 e ata o 31 de marzo de 2017 e que cumpra cos requisitos establecidos nas bases reguladoras, entre os que cabe subliñar:
Ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo.
Estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial (como mínimo o 50% do capital social da empresa sexa titularidade de persoas en situación de desemprego).

Publicación das Bases Reguladoras da convocatoria: BOP núm. 80 do 26 de abril de 2017.

Publicación do extracto da convocatoria: BOP núm. 91 do 12 de maio de 2017.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 xullo de 2017.

Información: Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos. Praza do Rei, 1 – 4ª planta. Tfno.: 986 810 232 / 986 810 304
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo e na web: www.vigo.org.
Mais noticias
O Concello oferta 25.256 prazas en campamentos e actividades de ocio para o verán
O alcalde esixe á Xunta que cumpra o compromiso de custear un bus directo ao aeroporto
O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións
CONCELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
"SUBVENCIÓNS DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE
Política de Social
Médidas de tráfico por obras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003