Escoitar

FESTAS

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA FESTAS TRADICIONAIS E PATRONAIS E DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS REALIZADAS NO ANO 2017

venres, 28 abr 2017
Tras a publicación o día 25 de Abril de 2017 no boletín oficial da provincia do extracto para subvencións para festas tradicionais e patronais e desenvolvemento de actividades socioculturais realizadas no ano 2017 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 30 de marzo de 2017), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria.

Os interesados en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en dez días hábiles que contará dende a publicación do extracto no BOP: do 26 de abril ao 10 de maio de 2017, ambos incluídos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formulario está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, nas páxinas web (www.vigo.org) e no Servizo de Festas.