Escoitar

Cayetano Rodríguez eloxia a calidade da programación da Orquesta Clásica de Vigo

O concelleiro de Cultura presentou este xoves, xunto ao director da Orquestra, Manuel Rodríguez, a programación 2017 que inclúe nove concertos en distintos espazos da cidade e o ciclo Resonancias con seis pequenos recitais.

xoves, 23 mar 2017
1490279739orquestra.JPG
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, destacou a "calidade e amplo espectro" da programación que a Orquesta Clásica de Vigo deseñou para este ano 2017 cunha proposta "magnífica que amosa o seu compromiso coa cidade, a música e a cultura".

Nunha rolda de prensa xunto a Manuel Rodríguez, director da Orquesta Clásica, debullaron a oferta musical prevista para os próximos meses, que pode ser ampliada en función da demanda e que se deseñou en colaboración co tecido social e cultural da cidade. Amais, a orquestra colabora coa Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares, de maneira que se poderá doar unha parte da entrada a esta entidade.

A programación abrangue nove concertos en distintos espazos da cidade e comeza o vindeiro martes 28 de marzo cun recitar na Colexiata de Vigo para conmemorar o Día da Reconquista. Ademais, desenvolverase o ciclo Resonancias, que inclúe seis pequenos concertos que procuran a escoita activa da música e que se celebrarán os primeiros venres de cada mes na Galería Jazz e no De Catro a Catro.

A programación completa pode consultarse no arquivo axunto.
Descargar todas as imaxes