Escoitar

O Concello celebra o Día da Árbore cunha plantación simbólica na Avenida de Castelao

O alcalde destacou a importancia de promover a conciencia medioambiental entre os escolares polo que o Concello celebrou esta mañá o día da Árbore cunha plantación na Avenida de Castelao que contou coa presenza de alumnos do Frián Teis. O lema deste ano é "Os bosques e a enerxía".

martes, 21 mar 2017
1490103589arbol1.jpg
O Concello de Vigo celebra este 21 de marzo o Día da Árbore cunha plantación simbólica de 15 exemplares na Avenida de Castelao na que participou o alcalde xunto a un grupo de estudantes de primeiro de Primaria do colexio Frián Teis. Nese acto o rexedor deu conta do reparto a toda a cidadanía de folletos de concienciación nos que se dan detalles das distintas variedades de árbores coas que contamos en Vigo.

Abel Caballero lembrou que, grazas ao programa desenvolvido polo goberno municipal, lévanse plantadas 12.000 árbores desde o ano 2007, das que 3.500 están en zona urbana e o resto en parques forestais, asentados en colaboración coas comunidades de montes. Precisou que na zona verde da Avenida de Castelao implementouse un sistema boscoso que con distintas variedades.
Descargar todas as imaxes