Escoitar

O alcalde urxe a ADIF a que adxudique "de forma inmediata" a estación de Thom Mayne

Afirma que non existen razóns para atrasala logo da información favorable do Concello e a tramitación do proxecto conxunto da estación do AVE e a de autobuses pola Lei 3/2016 de medidas urxentes. O proxecto estará vinte días en exposición pública e o Concello emitirá un informe reflectindo o interese da obra para a cidade.

luns, 20 feb 2017
O Concello asinou este luns a saída a información pública do proxecto de integración da estación do AVE e a estación de autobuses coa solicitude de que se tramite a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, quedando aberto un período de 20 días de exposición ao público.

Segundo explicou Abel Caballero, nas consultas previas o Concello informou favorablemente a esta tramitación conxunta e, logo do período de alegacións, realizará un informe que reflicta o interese que a cidade ten por esta obra. Así, desde esta posición favorable, engadiu, "urximos a ADIF a que a adxudicación da estación de Thom Mayne se faga de forma inmediata, que non espere nin un só día para facela ao solicitante único". O rexedor engadiu que con estes trámites municipais, nestes momentos, "xa non hai ningunha causa nin razón para ningunha a prevención de ningunha administración" que xustifique un atraso na adxudicación.