Escoitar

O programa municipal "Música na escola" aprende aos cativos o amor pola música

O alcalde saudou este xoves ao alumnado que asistiu no Auditorio Municipal ao concerto ofrecido pola Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, que se enmarca nun programa no que participarán 2.500 alumnos de 49 centros educativos vigueses.

xoves, 26 xan 2017
1485439256musica.JPG
O profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-Trad) ofreceu este xoves no Auditorio da Praza do Rei un concerto didáctico ante preto de 250 estudantes do IES Álvaro Cunqueiro, do IES San Tomé de Freixeiro, do IES Santa Irene e do CEIP Vicente Risco. Foi dirixido por Rodrigo Romaní a quen o rexedor cualificou como "un dos grandes músicos da historia de Galicia" cando saudou aos estudantes presentes.

O recital enmárcase no programa "Música na Escola" do que tamén forma parte a Escola Municipal de Música de Vigo e no que participarán 2.500 alumnos de 49 centros educativos da cidade, tanto concertados como públicos, de Infantil, Primaria e Secundaria.

Abel Caballero eloxiou este proxecto municipal que dixo ter "unha grande aceptación" e que permite aos nenos e nenas, mozas e mozos vigueses entrar en contacto coa música clásica e tradicional e co que o Concello quere crear "amor e afección pola música" para que saiban "escoitala e gozala".
Descargar todas as imaxes