Escoitar

O alcalde fixo entrega de novas equipacións ao Baloncesto Feminino Rodaballo

Unha representación do Baloncesto Feminino Rodaballo foi recibida hoxe venres por Abel Caballero e Manel Fernández. Alcalde e concelleiro de Deportes fixéronlles entrega das tres novas equipacións e bolsas de deporte para o equipo que reúne a históricas xogadoras desta modalidade na cidade.

venres, 20 xan 2017
1484920040deporte.JPG
Durante o acto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, interesouse pola marcha do conxunto vigués, que vai terceiro na liga, e celebrou que o deporte feminino conte cun club que dea cabida á veteranía.
Descargar todas as imaxes