Escoitar

Caballero cualifica aos coidadores de barrio de "rostros amables" que axudan aos maiores de toda a cidade

Abel Caballero cualificou esta mañá aos coidadores de barrio "como rostros amigos e amables que axudan e acompañan á xente" en distintos barrios da cidade. Logo de facer unha visita aos profesionais que cooperan no Casco Vello, o alcalde amosou a súa vontade de ampliar un proxecto que, ademais, emprega a 54 persoas cun orzamento de 540.000 euros.

luns, 16 xan 2017
1484575619coidadores.JPG
Trátase dun modelo de cercanía, dunha cidade solidaria que quere combater a soidade da xente maior, explicou. Durante unha visita á Praza da Princesa, Caballero insistiu en que os coidadores de barrio son "os rostros amigos e amables que axudan e acompañan á xente, ao lado da Policía Local". Entre as funcións que desempeñan, enumerou, entre outras, o acompañamento para facer a compra, recados, pasear, axudas a nais con nenos pequenos.....

Este programa está incluído no plan de emprego municipal e conta con 54 traballadores de diferentes categorías (psicólogos, traballadores sociais, integradoras sociais, auxiliares administrativos, limpadores, educadores sociais...) que actúan no Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas, Bouzas e Coia. Dotado con 540.000 euros, Caballero avanzou a posibilidade de que se amplíe este proxecto "tan pronto como sexa posible".

Na súa opinión, os coidadores de barrio son unha mostra máis da presencia activa do Concello en todas as necesidades sociais da cidade: 5.000 bolsas de comedor, 2.000 familias beneficiarias das axudas extraordinarias, o servizo de Cedro... "todos eles encamiñados a facer de Vigo unha cidade da cercanía"
Descargar todas as imaxes