Escoitar

O alcalde manifesta a "continuidade do compromiso" do Concello con Citroën

A factoría viguesa inaugurou este mércores unha nova nave no Polígono Industrial de Balaídos destinada a almacenamento e aparcamento de vehículos, nun acto no que Abel Caballero puxo en valor a competitividade da empresa e a súa capacidade de xeración de emprego en Vigo e Galicia. <br />

mércores, 9 nov 2016
1478701298citroen.jpg
O rexedor asistiu este mércores pola mañá á inauguración dunha nova nave de Citroën no Polígono de Balaídos que dará servizo á factoría para aparcamento e para almacenamento de materiais. No seu discurso reiterou que o goberno municipal "asume a continuidade do compromiso coa empresa pola súa importancia e polo que significa", de maneira que "estaremos en todo aquilo que poidamos estar e toda a cooperación que poidamos prestar, prestarémola".

O rexedor eloxiou a capacidade de traballo de PSA Peugeot Citroën en Vigo e a súa relación coa cidade amosándolle "o noso aprecio e respecto porque sempre vos cualificastes pola excelencia" poñendo en valor o desenvolvemento da factoría como un "mérito exclusivo dos traballadores e traballadoras, dos técnicos e da dirección do grupo PSA, por ter sido capaces de facervos respectar no mercado e gañar o cariño do espazo". Así manifestou que nos atopamos nun momento de "transición dunha gran factoría e unha gran cidade" no que a construción da nave é un orgullo polos "milleiros e milleiros de empregos" que xera Citroën na cidade e en Galicia cunha gran competitividade.

Referíndose á construción da nova nave como un proxecto colectivo no que se unen o Concello, Zona Franca, a Deputación e a Xunta de Galicia manifestoulle ao director xeral de PSA, Frédéric Puech, que "en Vigo teñen cooperadores, aliados e amigos".
Descargar todas as imaxes