Escoitar

Caballero amosa a súa "satisfacción" pola evolución do proxecto da Cidade da Xustiza

O rexedor participou esta mañá na constitución da mesa de coordinación entre administracións para facer un seguimento do proxecto desde "a cooperación". Caballero, quen amosou a súa "satisfacción" confiou en que o traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do Hospital Xeral "estea rematado en 2019 coa excelencia coa que está a ser proxectado".

mércores, 2 nov 2016
1478094160ciudadjusticia.JPG
O alcalde de Vigo amosou esta mañá o seu "agrado e satisfacción" pola evolución do proxecto de traslado da Cidade da Xustiza ao edificio do antigo Hospital Xeral. No día no que se constituiu a mesa de coordinación entre administracións para facer un seguimiento desde "a cooperación", Caballero salientou que os prazos que se manexan -rematar en 2019- son razoables e reiterou "todo o apoio do goberno local". Destacou a vantaxe de que o arquitecto gañador sexa Alfonso Penela e avanzou que o proxecto encaixa "perfectamente" coas propostas previstas nas axudas europeas que Vigo recibirá a través do DUSI.
Descargar todas as imaxes