Escoitar

O Concello apoia o labor das escolas-obradoiro da Asociación de Mariñeiros de Bouzas

O rexedor asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas centrado nas actividades de formación e inserción laboral da mocidade de entre 18 e 25 anos, que imparten nas súas escolas-obradoiro, que están especializadas na construción naval. Ademais, Caballero valorou a oferta presentada por unha empresa para a construción da estación de Thom Mayne.

mércores, 19 out 2016
1476882858marinerosbouzas.JPG
O Concello e a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas asinaron este mércores un convenio de colaboración de apoio ao labor que desenvolve a entidade a través das súas cinco escolas-obradoiro, denominadas "Mar de Vigo" e orientadas á formación e inserción laboral de mozas e mozos de entre 18 e 25 anos.

Durante o tempo de formación, especialízanse en ramas profesionais como carpintería de ribeira, actividades náuticas e novas técnicas de construción naval de buques tradicionais. Ademais, segundo explicou o alcalde, encárganse do coidado dos buques tradicionais do Concello, que serven para un uso deportivo e como atracción turística.

Oferta para a estación de Thom Mayne
Abel Caballero valorou hoxe como "moi boa noticia" a oferta presentada por Inmochan España, filial inmobiliaria do grupo francés Auchan, para a construción da estación do AVE deseñada por Thom Mayne, agardando a que o Goberno de España estude o proxecto para proceder á súa adxudicación.
Descargar todas as imaxes