Escoitar

O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é "responsabilidade da Xunta".

venres, 2 set 2016
1472820393abogados.JPG
Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e con outro membro da entidade, con que abordou a situación do urbanismo na cidade tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo Tribunal Supremo.

Tras a reunión, o rexedor reiterou que a anulación do PXOM é "causa e responsabilidade" da Xunta de Galicia", insistindo en que o Concello tomou medidas xurídicas para tratar de resolver a cuestión por este ámbito, reprochando que á Xunta non ter tomado "ningunha" ao tempo que lembrou que, na procura dunha saída á situación provocada pola sentenza, o goberno de Vigo solicitou un informe "á persoa con máis prestixio de España sobre dereito urbanístico", Luciano Parejo, sobre as vías posibles e que ese informe foi remitido á Xunta que aínda non se pronunciou ao respecto.

Neste sentido, Caballero criticou que a Xunta de Galicia pedira un informe ao Consello Consultivo sobre a proposta de Luciano Parejo, tendo en conta que se trata dun órgano interno de asesoramento e non un órgano xudicial e que "non pedira que estude as vías para resolver o problema causado pola sentenza do Supremo". Así, cualificou de "singular e paradoxal" a situación de "descoñecemento das vías de resolución do goberno autonómico" porque é o "culpable da situación do urbanismo de Vigo" xa que "todas as accións e as aprobacións do Plan feitas polo Concello foron impecablemente ratificadas polo Tribunal Supremo".

O rexedor referiuse tamén á aprobación no ano 2013 dunha lei urbanística por parte do goberno de Feijóo que "non resolve o problema" dos informes de inviabilidade emitidos pola Xunta a "polo menos medio centenar" de plans de ordenación municipal de Galicia, reiterando que non deu "nin un só paso" para dar solución ao PXOM de Vigo e ás "eventuais anulacións" doutros plans de Galicia.
Descargar todas as imaxes