Escoitar

A unanimidade dos grupos solicita a apertura dunha comisión de investigación polo accidente de Angrois

Os tres grupos políticos amosaron esta mañá o seu apoio á Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 ao solicitar que se encarguen dúas comisións -unha técnica e outra política- para esclarecer o accidente do 24 de xullo de 2013. Trátase do accidente ferroviario máis grave da democracia española, no que morreron 81 persoas e resultaron feridas 145.

martes, 26 xul 2016
Todos os grupos respaldaron unha moción de A Marea que solicita ao futuro goberno do Estado a apertura dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles responsabilidades políticas polo accidente de Angrois. Trátase, segundo se explicou na sesión plenaria, de apoiar a petición da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 que tamén esixe unha comisión de expertos e técnicos independentes para investigar o acontecido o 24 de xullo de 2013.