Escoitar

O Concello implementará cursos de formación en colaboración coa industria naval <br />

O rexedor trasladou esta mañá a súa "total cooperación e o diálogo permanente" con Aclunaga (Asociación del clúster naval gallego) e avanzou plans de formación que o Concello poderá implementar en cooperación co sector. Esta mañá mantiveron un encontro na Alcaldía para analizar a situación desta industria en Vigo e en Galicia.

martes, 12 xul 2016
1468325066naval.JPG
O alcalde de Vigo recibiu nesta mañá de martes aos responsables de Aclunaga para tratar da situación que está a atravesar o sector en Vigo e en Galicia. Durante o encontro, Caballero reiterou a súa "total cooperación e diálogo permanente" cos representantes desta industria e avanzou plans de formación que o Concello poderá implementar en cooperación co sector.

Logo de cualificar a esta industria como "fundamental" no territorio, "con gran capacidade produtiva, competitiva e tecnolóxica", explicou que o tax lease "foi unha estocada no corazón, unha estocada traidora porque todo era falso". Polo tanto, engadiu, Europa "está en débeda no naval galego e reclamamos que paguen, que teñan en conta que se trata dunha industria que compite en países con axudas e mecanismos que non respectan a libre competencia".

Caballero avogou por implementar un proxecto de defensa do naval de Vigo e de Galicia en Bruxelas, ser moi "proactivos", usando todas as plataformas políticas e administrativas para facer "un cinto de defensa" desta industria. En declaracións aos medios, insistiu en que "seguimos a ser obxecto de ataques desleales e mentireiros do sector naval de Holanda que elexiu os tribunais como lugar de confrontación en lugar de acudir ao mercado".
Descargar todas as imaxes