Escoitar

O Concello reitera no comité de rutas a urxencia de conveniar un bus entre Vigo e o aeroporto

Segundo informou este mércores Abel Caballero, o Concello de Vigo volveu insistir no comité de rutas de onte -coa presenza dos tres aeroportos galegos, a Xunta e Fomento- na necesidade de que a Xunta de Galicia sufrague un autobús que conecte a cidade con Peinador, como xa fai en Santiago abonando 340.000 euros.<br />

mércores, 25 mai 2016
O alcalde explicou hoxe mércores que Vigo volveu requirir este servizo na reunión técnica do comité de rutas de onte, na que tamén participaron os tres aeroportos galegos, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento, e que foi convocada para abordar as conexións entre os núcleos urbanos e os aeródromos.

Segundo informou Caballero, o Concello propuxo novamente que a Xunta de Galicia sufrague un autobús que conecte a cidade co aeroporto de Vigo, tal e como fai en Santiago mediante un convenio no que abona 340.000 euros.

O alcalde recordou que Vigo leva "meses" demandándoo e o goberno galego contesta que falta documentación, mais non concreta "que falta e nunca a piden", co que Caballero inferiu que a Xunta de Galicia "non ten a máis mínima intención" de costear o bus e denunciou "discriminación" ao aeroporto de Vigo.