Escoitar

Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

Os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán 335 actores e actrices noveis pertencentes a 11 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización III, Dramatización IV e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa alumnado, profesorado, familias e contorno.

martes, 3 mai 2016
1462272155escolamuteatro.jpg
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ao longo do período no que se organizan estas VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo a través dos mestres da Escola Municipal de Teatro, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Coa continuación por sétimo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademais de tender pontes de frutífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
Descargar todas as imaxes

Máis información