Escoitar

Caballero compromete apoio municipal á Semana do Atlántico de vela que organiza o RC Náutico en outono

O alcalde de Vigo mantivo este martes unha reunión coa presidenta do Real Club Náutico, entidade que está a obter unha mellora substancial no seu resultado económico, polo que Caballero eloxiou o "traballo excepcional" da máxima responsable do club. O rexedor apuntou que o Concello colaborará co Náutico nos seus proxectos, singularmente na proba de vela que organiza en outono e conta con "rango europeo e un enorme prestixio".

martes, 4 ago 2015
1438693557nautico.JPG
Abel Caballero subliñou que o Real Club Náutico de Vigo está a avanzar segundo as súas previsións, cun resultado económico que "mellora substancialmente". A presidenta presentou un proxecto de remodelación da piscina da entidade, que se está ultimando, e no que desde o goberno de Vigo "estaremos presentes", segundo adiantou o alcalde vigués.

Tamén comprometeu Caballero o respaldo municipal á Semana do Atlántico que organiza o Real Club Náutico de Vigo en outono, unha proba de "rango europeo e enorme prestixio". O alcalde avanzou ademais a intención municipal de cooperar coa entidade na súa parte de deporte de base, incluíndo a vela dentro das Escolas Deportivas Municipais.

Abel Caballero concluíu a súa intervención ante os medios de comunicación afirmando que o Real Náutico é unha "gran institución en Vigo e polo tanto o Concello vai estar permanentemente con eles".
Descargar todas as imaxes