Escoitar

A 3ª edicición de Vigo Shopping Night chega mañá con máis de 30 establecementos abertos ata medianoite

Abel Caballero presentou esta mañá a Vigo Shopping Night que se organiza mañá na zona comercial de Príncipe desde as 19,00 ata as 00,00 horas. Haberá prezos especiais, descontos e máis de 20 actuacións en directo.

xoves, 4 xuñ 2015
1433423469shopping.JPG
A Vigo Shopping Night regresa mañá venres ao centro da cidade con máis de cinco horas de moda, espectáculos e premios para dinamizar a zona comercial urbana Centro Príncipe e incentivar as compras. Así o explicou esta mañá Abel Caballero durante a presentación, onde estivo acompañado polo responsable de Centro Príncipe, Enrique Núñez. O rexedor animou a todo Vigo a achegarse ao centro da cidade a partir das 19,00 horas e ata a medianoite xa que máis de 30 establecementos da zona comercial de Príncipe abrirán as súas portas ao público con prezos especiais, descontos de ata o 50%, degustacións, agasallos e moitas sorpresas. Todo enmarcado nunha decoración especial en rúas e comercios que convertirán Vigo Shopping Night nunha cita ineludible.

Tal e como se indicou na presentación, esta iniciativa é unha festa na que as tendas se transformarán por dentro e por fora para convertirse nunha atracción de compradores e curiosos. Nesta edición, entre os establecementos participantes, estarán Amichi, Bershka, BIT, Blanco, C. Serrano, Dadá, Dolores Promesas, El Ganso, El Corte Inglés Urzáiz, Florentino, Flormar, Gofres Príncipe, H&M, Inshopnia, Inside, Javier Simorra, Joyería Ramón Fernández, Lacoste, Láser 2000, Levi’s, + Visión, Neobel, Nice Things, Oysho, Parfois, Pipa&Mima, Pull&Bear, Rei Zentolo, Stradivarius, Tartana e Zara Home.

Xunto ás tendas, Centro Príncipe tamén contará coa presenza de diferentes carpas distribuidas ao longo da rúa na que estarán Motos Ponte, Mercedes-Benz, Lexus con varias sorpresas e Toyota, que amenizará a noite cun photocall e o sorteo de cheques de compra. Además, tamén terán o seu espazo Láser 2000, que agasallará sesións gratis, e Ribera del Duero, con degustación de produtos, catas, sesións de maquillaxe e una exposición de moda coas creacións de sete novos diseñadores. Entre os patrocinadores tamén estarán Faro de Vigo; TNT, a bebida enerxética oficial da escudería Ferrari; e Radio Vigo, que realizará un programa en directo desde a Farola de Urzáiz.

Para participar no sorteo de máis de 300 agasallos, o público terá que viaxar polos establecementos participantes e selar o pasaporte da Vigo Shopping Night, que se pode descargar desde a páxina do evento (www.centroprincipe.com) e que tamén se repartirá esa mesma noite na entrada en Príncipe pola Farola ou a Porta dol Sol e na zona VIP.


Actuacións

Máis de 20 actuacións de música en directo, baile, danza e muchas sorpresas acompañarán ao público durante cinco horas. Ás actuaciones do grupo Blunk e do cantante Olivier Martín sumaránse as de Skillzophrenics Crew, que inaugurará oficialmente a VSN na Farola, ou das escolas de baile e danza Sergio Alcover, Algarabia, As Vagalumes, Allegro, Rebecca Hanun y Raqsu Tanit y Unidance, así como varias masterclass a cargo de Viva Gym, entre outras sorpresas.
Descargar todas as imaxes