Escoitar

O goberno de Vigo pon en marcha unha nova ferramenta para facilitar a xestión urbanística

O Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, impulsa a Plataforma de Edición de Proxectos, perfeccionando o uso dos trámites telemáticos. Esta ferramenta axiliza a presentación telemática de proxectos técnicos en formato dixital.

martes, 5 mai 2015
A plataforma permite asinar e subir os proxectos a disposición da XMU sen necesidade de presentación de ningún exemplar do proxecto. A descarga da aplicación e o Manual de usuarios da Plataforma está a disposición dos cidadáns na páxina web de urbanismo.


Unha vez subido o proxecto á plataforma, seleccionando a opción de tramitar por internet o trámite correspondente, mostrarase un formulario web no que o usuario deberá cubrir os campos necesarios para completar a solicitude, entre eles o código facilitado pola plataforma cando se sube o proxecto.

Enviado o formulario e, se fora o caso, axuntando a documentación e pagando a taxa (tamén pode facerse por vía telemática), o rexistro da solicitude quedará realizado, sen desprazamentos, sen papeis.