Escoitar

O Concello de Vigo deu comezo ás VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistíu este martes a primeira das sesións deste evento. Os días 5, 6, 7, 11 e 12 de maio, o Auditorio do Concello, alberga as VI XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participan 320 actores e actrices noveis pertencentes a 13 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as dos grupos de Expresión Dramática da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

martes, 5 mai 2015
1430840133teatro.JPG
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

Ao longo do período no que se organizan estas VI XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Coa continuación por sexto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademais de tender pontes de frutífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.
1430840133teatro.JPG
1430840145PROGRAMA.jpg
Descargar todas as imaxes