Escoitar

O Concello probará en doce centros escolares un plan de tráfico piloto a partir do 1 de xuño

Abel Caballero avanzou esta mañá que a partir do 1 de xuño o Concello porá en marcha un plan de tráfico experimental en doce centros escolares da cidade. O obxectivo é sacar conclusións para elaborar un plan de tráfico defintivo para as entradas e saídas de todos os centros escolares de Vigo de cara ao curso que ven.

xoves, 19 mar 2015
1426772735coles.JPG
O Concello porá en marcha a partir do 1 de xuño un plan de tráfico piloto en doce colexios da cidade para facilitar a circulación nas entradas e saídas. Tal e como avanzou o rexedor, despois do verán aplicarase un plan de tráfico definitivo nas entradas e saídas dos centros educativos, coñecidas as conclusións deste proxecto experimental. Caballero explicou que ademais de mellorar a fluidez, o máis importante é preservar a seguridade dos estudantes e minorar as aglomeracións, na medida do posible. A tal efecto, Concello e responsables dos centros manterán reunións bilaterais para coñecer as súas suxerencias.

Os colexios que van participar nesta iniciativa piloto son: San Miguel 2, Illas Cíes, Vicente Risco, Doutor Fleming, Compañía de María, Maristas el Pilar, María Auxiliadora Salesianos, Amor de Dios, Lope de Vega, Padre Miguez-Calasancias, Carmelitas e máis Escultor Acuña. Na reunión celebrada esta mañá na Alcaldía estiveron presentes tamén Carmela Silva, Carlos Font e Olga Alonso.
Descargar todas as imaxes