Escoitar

O Supremo avala a legalidade do PXOM e da súa aprobación denegando todas as alegacións

O alcalde deu conta dunha nova sentenza do Supremo que, unha vez máis, avala o Plan Xeral e o seu proceso de aprobación en 2007. Trátase, dixo o rexedor da 98 decisión xudicial firme favorable aos intereses do Concello e do seu urbanismo.

xoves, 19 mar 2015
1426772646pxom.JPG
O Concello de Vigo ven de recibir unha sentencia da Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que di que "no ha lugar al recurso de casación interpuesto" contra a sentenza do TSXG de 28 de febreiro de 2013 polo colectivo polo Colectivo de Propietarios Afectados de San Pedro de Sárdoma, da Asociación de Afectados pola Ronda e da Asociación de Propietarios e Veciños de Santa Lucía. Esta sentenza ampara ao TSXG quen desestimou o contencioso-administrativo interposto contra as órdenes de aprobación definitiva do Plan Xeral de Vigo.

Tal e como explicou Caballero, esta é a última sentenza que faltaba do Supremo, co que xa son 98 as decisións xudiciais favorables ao Concello e ao seu Plan Xeral de Ordenación Urbana. De xeito moi "duro e taxativo", o Supremo denega as once causas de nulidade alegadas polos recurrentes, aos que tamén lles impón as costas.

O alcalde compareceu ante os medios acompañado pola maior parte dos concelleiros do goberno para ratificar a "importancia" desta sentenza, que avala unha situación de "seguridade xúridica por primeira vez na historia da cidade".
Descargar todas as imaxes