Escoitar

O alcalde eloxia o II Certame de relato Vigo Histórico porque "aúna cultura e emprendemento"

Todos aqueles interesados en participar no II Certame de relato Vigo Histórico poderán presentar os seus traballos entre mañá, 6 de marzo, e o 30 de xuño deste 2015. Así se anunciou esta mañá nunha rolda de prensa na que o alcalde destacou a relevancia da iniciativa "que recolle a esencia de Vigo".

xoves, 5 mar 2015
1425569431Relatos.JPG
O alcalde enfatizou esta mañá a combinación entre "cultura e emprendemento" que caracteriza ao II Certame Nacional de Relato Vigo Histórico. Na rolda de prensa de presentación da segunda edición deste concurso, Caballero felicitou aos promotores e membros do xurado por desenvolver unha iniciativa, xa consolidada na cidade, que "recolle a esencia de Vigo".

A Editorial Elvira, en colaboración coa Federación de Comercio Vigo Histórico, convoca por segundo ano consecutivo este certame, ao que o pasado ano se presentaron 161 relatos. O prazo de entrega dos textos empeza mañá, 6 de marzo, e remata o 30 de xuño. Os gañadores serán públicos o 30 de setembro, mentres que a entrega de premios e a presentación do libro cos relatos que realizará a Editorial Elvira será no mes de decembro.

O xurado está composto polo pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, o poeta Carlos Oroza, a profesora de Filoloxía Concepción Varela, a poetisa Patricia Meira, a documentalista Sonia González, a xornalisa Noelia Otero e, por último, o escritor Julio Alonso.

Na rolda de prensa, organizada na Casa Galega da Cultura, o rexedor estivo acompañado por Xabier Romero, da Editorial Elvira; Antón Pulido, en representación do xurado, Sara Alonso, responsable de Banco Madrid; ademais de Anxo Méndez e Raúl Fontán, da Federación de Comercio Vigo Histórico.
Descargar todas as imaxes