Escoitar

Máis de 500 músicos tocarán en Vigo en solidariedade cos afectados pola marea negra

xoves, 23 xan 2003
A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo actuará o domingo 26 de xaneiro ás 12:00 na praza do Rei seguindo a convocatoria da Confederación Española de Sociedades Musicais na que 70.000 músicos tocarán en solidariedade cos afectados polo desastre do ”Prestige”.

A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, explicou que este evento pretende demostrar a necesidade de que nunca máis volva provocarse unha marea negra e de que as administracións asuman as responsabilidades da catástrofe.

En total, actuarán 500 músicos vigueses que participarán na convocatoria. A Confederación Española de Sociedades Musicais está integrada por 1.400 bandas conformadas por 70.000 músicos que tocarán en cadansúa cidade polos afectados da marea negra do ”Prestige”.