Escoitar

O goberno local multiplicou por cinco os estacionamentos para discapacitados desde 2006

Abel Caballero salientou hoxe xoves que Vigo concluiu o 2014 cun total de 621 prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, cando no 2006 eran 120. O alcalde recordou que o Concello atende todas as solicitudes recibidas e indicou que Vigo supera amplamente o ratio que establece a normativa.

xoves, 5 feb 2015
O alcalde de Vigo explicou esta mañá que o Concello de Vigo elevou os estacionamentos para persoas con mobilidade reducida das 120 existentes no 2006 ás 621 prazas de 2014, un incremento do 517%.

Caballero explicou este incremento debido a que o Concello atende todas as solicitudes recibidas, sempre que sexan técnicamente razonables, xerando un efecto chamada. O primeiro edil avanzou que a web municipal publicará en próximas semanas a localización exacta dos estacionamentos. O goberno local non ten ninguna solicitude pendente, asegurou, e supera amplamente o ratio esixido por lei.

O alcalde de Vigo afirmou que o goberno local impulsa un proxecto integral e transversal de mellora da accesibilidade, como "factor central" da acción municipal. En particular, o Concello adicou máis de dous millóns de euros para suprimir barreiras arquitectónicas nas dependencias municipais, executou un plan de rebaixar os pasos de peóns nas rúas e modernizou a flota do transporte público urbano para facela 100% accesible, entre outras.