Escoitar

Caballero anuncia un investimento de 350.000 euros para monitores do programa municipal de escolas deportivas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse esta mañá con máis de trinta clubs pertencentes ao programa municipal de escolas deportivas para anunciarlles a inmediata posta en marcha do Programa de Emprego a fin de que poidan contratar a monitores para as escolas deportivas. <br />

luns, 26 xan 2015
1422280339reuniondeportes.JPG
Caballero, que estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva; e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou unha consignación orzamentaria de 350.000 euros para emprego de monitores nos clubes, que ata o de agora realizaban as súas tarefas sen remuneración, dado que os clubes non teñen capacidade para pagarlles un salario. En declaracións aos medios, o rexedor avanzou un incremento dun 50% na partida adicada ao deporte de base o que permitirá empregar a unhas 80 ou 90 persoas. O obxectivo é primar o deporte de base porque proporciona actividade a miles e miles de nenos e mozos na cidade, dixo o rexedor.
Descargar todas as imaxes